Celebrando as Nosas Letras 2011
(omareonosopatrimonio)No peirao tivo lugar primeiro, ás 12 do mediodía, deste Domingo 15 de Maio de 2011, un recital poético onde interviñeron: Antón Cortizas, Guillermo Ferrández, Karlotty, Xosé Leira e Xurxo Souto.
Despois un paseo marítimo pola Ría de Ferrol, coa música e cancións de, Manolo Bacallao, María Manuela e Xurxo. Antón Varela foi o gaiteiro abordo. A xente d'A Revolta, xa dun xeito máis "informal", cantou o seu repertorio de cancións mariñeiras.
Foi unha xornada de Poesía e Música do Mar.
Foi unha xornada na defensa da nosa Cultura Mariñeira.
Varias embarcación e "O Ría de Ferrol" acompañaron a tarvesía.
Embarcados nun Cantar: Reparteu-se un folleto con letras de cancións mariñeiras.
-------
Galería Fotográfica do Acto: "Mareando as Nosas Letras 2011"
Fotos de Suso Pazos - Susete'70.
Álbum recopilatorio de Suso Pazos
Celebrando as Nosas Letras en Ferrol Terra:
"As nosa Letras 2011 - Lembrando a Lois Pereiro"
____________________
0 Comentários