LETRAS GALEGAS-2011- INFERNIÑO

A Xunta directiva desta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño vai celebrar os actos das LETRAS GALEGAS este vindeiro LUNS -16 a partir das 6 h da tarde no Palco da Música da Praza do Inferniño.

Convidamos a facer unha LECTURA EN GALEGO a toda a veciñanza con textos dos homenaxeados polas letras galegas e en especial leremos textos de LOIS PEREIRO.

Pecharemos os actos coa actuación musical da agrupación musical TERRA MEIGA.

Saúdos veciñais.

- A directiva.-

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
avvorosario@gmail.com
orosario-inferninho.blogspot.com


Enviado:
asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
12 de maio de 2011 22:56
________________